jueves, 30 de mayo de 2019

martes, 28 de mayo de 2019

Xogo das ovellas e o lobo

O xogo das ovellas e o lobo é un xogo de atención no que os nenos e nenas teñen que estar atentos ao cambio de ritmo que marca o pandeiro. Cando o pandeiro sona despacio as "ovellas" saen a pacer e o lobo está escondido. Cando o ritmo do pandeiro cambia e sona rápido, o "lobo" sae e ten que atrapar algunha ovella, que poderá refuxiarse na súa casa (o aro) onde non pode ser pillada.